Phyllum Pinophyta Ginkgoaceae

A familia "Ginkgoaceae" resulta excepcional: Supervivente dende o Cuaternario..., só ten propiedades positivas!... como Galicia, a nosa Terra!

12 de marzo do 2018
Pena de Francia
"Non  podía deixar sen resposta esa ligazón de Clarín onde Celia Otero, -escritora-, conta as súas orixes galaicas... Vaia  relato!  A pouco que un –nado na Gallaecia- teña unha mínima curiosidade, chégalle á alma. Imaxínate a min, sempre alerta, inquedo, predisposto, rendido..."

3 de decembro do 2017
Compostela Verde
"O Concello de Santiago acaba de presentar a súa (renovada?, nova?) páxina Compostela Verde, xestionada pola concesionaria de Parques e Xardíns, que é unha auténtica marabilla (cando menos para un botánico afeccionado coma min). Vai ligazón, e tede curiosidade e paciencia, hai de todo!"

19 de xullo do 2016
A meniña dos meus ollos...
"Neste xardín pacego, aprendín os rudimentos da botánica. Sempre conto a mesma historia, cando me preguntan desta miña afección polas árbores. Cando descubría unha nova especie nos libros, nas falas da xente, corría a comprobala na Alameda: era o que me quedaba máis a man. Ía preocupado, pensando que pasaría se non estaba no sitio indicado. Camiñaba coa ilusión do primeiro achádego; da primixenia revelación... ¡Non sabedes qué gozo supón ollar o soñado!"

11 de abril do 2016
Abruñeiro
"Eu tiña asumida, por rutineira, a presenza dos pexegueiros, das ameixeiras, das cerdeiras..sen nunca pararme a ollar o seu vistoso espertar floral. Ata este ano que, fose onde fose, brillaban -rechamantes– milleiros de flores brancas en contraste con outras tantas rosáceas, aviñadas, en diferentes exemplares, de porte similar"

28 de marzo do 2016
Diante da obra de Luís Lorenzo
"Características excepcionais que permitiron a chegada, ata nós, de tantas xoias: tallas de santos, retablos, cadeirados de coro, portas, contras... Artistas con talento e con amor pola obra ben feita. Velaí a madeira do castiñeiro. A madeira das nosas raigames. Madeira eterna que hoxe recupera e homenaxea o noso pintor"

28 de outubro de 2015
Unha Flor Nacional (III)
"Na derradeira entrada, falábavos das condicións necesarias - ó meu ver - para poder elixir a flor nacional de Galicia co maior consenso e acordo entre tódolos sectores da poboación galega. Así que - hoxe - para rematar o tema, e atendendo gustoso a curiosidade dalgúns lectores e veciños, farei a miña proposta"

30 de setembro de 2015
Unha Flor Nacional (II)

"Coa miña teima da flor nacional, tiña redactados un par de folios razoando a valía e importancia dunha flor representativa do país. Máis logo da entrada de agosto houbo varias mensaxes nas que, amén de compartir a ledicia por eses pequenos detalles de honrar unha flor, aproveitaban para responder a miña pregunta retórica de se pode haber, algún día, unha flor nacional de Galicia. E case todos botáronse a nomear cadansúa candidata..."

31 de agosto de 2015
Unha Flor Nacional (I)
"O 24 de xullo de 1995, o Presidente de Uruguai – D. Julio María Sanguinetti- plantou un pé de “Erythrina crista-galli” na horta de San Domingos de Bonaval, tal e como nos di a plaquiña alí colocada, conmemorando o agasallo presidencial..."

19 de xuño de 2015
"Asseconia"
"Onte estiven en Asseconia! Foi grazas ó entusiasmo de Margariña, que nos levou a todos a unha viaxe marabillosa. Todos, en realidade, eramos unha ducia (a cifra máxima autorizada para esta excursión). Cóntovos: Viaxar a Asseconia non é doado. En realidade, non está ó alcance do común dos mortais..."

2 de xuño de 2015
"Ucronía"
"Hai moitos anos, Magnus von Lagerström  (1691-1759) percorría o mundo como representante da “Compañía Sueca das Indias Orientais”, unha empresa que comerciaba  cos   territorios orientais do planeta –cada vez máis coñecidos e valiosos- : China, India, Xapón..."

28 de abril do 2015
"O Mouro"
"Faleivos do meu amigo  Iván?. É o autor do blogue "A Fraga dos Mouros". Un dos documentos máis valiosos, sempre en permanente actualización, sobre a nosa  historia galega. E non esaxero! Cando volo conte, concordaredes comigo"


Ningún comentario:

Publicar un comentario